lunes, 29 de septiembre de 2008

ÓSOS E MÚSCULOS

Un xogo axeitado para PDI para traballar os principais ósos e músculos do corpo.
Desvantaxes:
- Os debuxos son demasiado infantilizados. Moi lonxano da realidade.
- Non ofrece aprendizaxe titorado previo. É só avaliativo.
- Faltan moitos elementos tanto do esqueleto coma dos músculos que son tan ou máis importantes coma os que avalía.
Vantaxes:
- Ofrece un feedback inmediato do acerto ou fallo e fai a corrección.
- Pode ser útil nalgún momento puntual coma xogo de entretenemento ou para avaliar o grao de coñecemento dos elementos que aparecen no recurso.

Destinatarios: Ata 2º de Educación Primaria.

lunes, 15 de septiembre de 2008

BAILE DAS VACAS LOBOTÓMICAS


Alguén se atreve a bailar con videoclip incorporado?

¡Subiendo las manos y dando una vuelta,
arriba y abajo los pies hacia fuera!





DESTINATARIOS: Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria.
HIXIENE PERSOAL

Un novo recurso máis para traballar contidos relacionados coa hixiene do corpo (en concreto á ducha, lavar os dentes). A lingua utilizada é o castelán e está dividido nos seguintes apartados:
- Atender: Conto relacionado sobre a temática do aseo persoal.
- Xogar: Algúns son axeitados para PDI, outros non (funcionan co teclado).
- Ver: Galería de fotografías relacionadas coa hixiene (bañeira, ducha, xabrón,...) e Museo con obras de arte sobre o tema.
- Oir: Sons, poesía da hixiene,...

- Tocar: Fichas para imprimir e recortar, colorear,...

DIRIXIDO A: Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria.

ENLACE:http://nea.educastur.princast.es/repositorio/RECURSO_ZIP/2_1_ibcmass_u17/index.html

lunes, 30 de junio de 2008

HÁBITOS ALIMENTARIOS

A través deste completo recurso flash poderemos traballar os aspectos básicos dunha dieta completa e axeitada co cal poderemos reforzar o importante obxectivo de que os nenos/as aprendan a comer sano. Ademáis dun xogo sobre a pirámide de alimentos, o recurso incorpora unha serie de notas teóricas sobre os hábitos alimentarios que debemos ter, trastornos da conducta alimentaria, recetas, ...

É por tanto un recurso aplicable, en función da profundidade coa que se trate, tanto a Infantil, Primaria ou ESO. Para a Secundaria e os niveis máis altos de Primaria poderíase realizar unha webquest utilizando este recurso para obter diferentes informacións en relación coa conducta alimentaria.

Aquí vos deixo o enlace para que poidades perdervos nel. Outra posibilidade é abordar o recurso a través dun mapa web.


MÚSCULOS DO CORPO
Este é un recurso en liña que trata dos músculos do corpo. No inicio dásenos a oportunidade de aprender os principais músculos, pero posúe tamén unha parte de avaliación na que se nos presenta unha serie de actividades relacionadas con esta temática. En grande medida resultaría un recurso axeitado para empregar con PDI.

domingo, 22 de junio de 2008

ALIMENTACIÓN E ACTIVIDADE FÍSICA

Vídeo no que se mostra a importancia de estar ben alimentado para estar en forma.

MATERIAIS PARA EDUCACIÓN FÍSICA

Xogamos con material construido é unha web orientada á construcción de material para a clase de Educación Física, utilizando obxectos comúns e cotiáns como cartón, papel, plásticos, madeiras; etc, e cunha execución sinxela, para que sexan os propios alumnos os que elaboren os materiais para xogar.
Na web explícase paso a paso a construcción de materiais para 17 xogos aplicables á clase de Educación Física, e recóllense exemplos de actividades de clase con estes xogos. También se incluen vídeos detallados do proceso de construcción.


FONTE: http://blog.educastur.es/cuate/2006/11/27/

domingo, 25 de mayo de 2008

MICROCURSOS PARA O MESTRE DE E.F.

Na web de Inde ofrécese un tipo de formación a través dos chamados microcursos que calquera persoa pode descargar de forma gratuita. Estes cursos van dirixidos aos profesionais da Educación Física e o Deporte. O quencemento, a Expresión Corporal, a xestión da clase de Educación Física,... son algunhas das temáticas que se poden baixar

Segue este enlace http://www.inde.es/inde_1.html ou preme na fotografía para acceder a eles.


sábado, 24 de mayo de 2008

UN FLASH DE TENIS

Similar ao de baloncesto, temos aquí outro recurso das mesmas características adicado ao tenis. O xogo consiste en premer na pelota para mantela no aire, polo que resulta tamén moi axeitado para o traballo na PDI. Fai clic na imaxe para acceder ao xogo.

lunes, 19 de mayo de 2008

UN FLASH DE BALONCESTO

Como xa quedou patente nun artigo posterior adicado a un xogo con webcam relacionado co baloncesto, estamos de acordo que este tipo de aplicacións, aínda que en ningún modo poden sustituir á práctica real do deporte, si poden supoñer un interesante recurso de motivación inicial nunha determinada unidade didáctica.


Pois ben, aquí temos outro exemplo algo menos conectado coa realidade motriz que no caso do http://www.playdojam.com/, pero que proxectado e vivenciado ca PDI pode ter uns resultados bastante satisfactorios en canto a motivación e como introducción ao baloncesto.


Trátase dunha aplicación Flash colgada en internet, polo que para usala debemos ter conexión.

domingo, 11 de mayo de 2008

ACTIVIDADES JCLIC PARA EDUCACIÓN FÍSICA

Tralo traballo de recopilación de actividades JClic existentes para a área de Educación Física, presentamos de seguido o listado de material recabado e os enlaces a ditos recursos:

"Conoce tu cuerpo y mejora tu salud con la Educación Física"
Proxecto con 25 actividades que se propó como unha ferramenta para relacionar as TICs coa educación física. Anatomía do corpo humano, funcionamento dos sistemas cardio-respiratorios, comportamentos en clases prácticas de educación física e actitudes para coidar a saúde utilizando a actividade física.

"Iniciación a Pelota Vasca"
Actividades para iniciar ao alumnado de terceiro ciclo de educación primaria no coñecemento do deporte da pelota man. Nas actividades explícase primeiro os aspectos máis importantes do deporte e a continuación plantéxanse diversos exercicios para comprobar que se entenderon correctamente.

"Probas combinadas de Atletismo: Decatlón"
Proxecto JClic sobre as probas do decatlón e algunhas das súas características. O proxecto consta de 3 partes: Coñece próbalas; Actividades e Queres competir?

"Minibasket"
Paquete de actividades sobre o minibasket para terceiro ciclo de primaria. O proxecto está dividido en dúas partes: Normas e Táctica.

"Actitudes, valores e non-violencia na educación física e o deporte"
Actividades que perseguen unha serie de obxectivos, todos eles xiran entorno ás actitudes e os valores que se deben ter presente en calquera deporte. Algúns destes obxectivos son os seguintes: Aprender a saber gañar e perder; Respectar aos compañeiros e compañeiras; Destacar e potenciar as condutas de xogo limpo; Valorar a competición como forma de divertirse; etc...

"Aprendizaxe interactiva na Educación Física"
Trabállanse conceptos relacionados co regulamento e a técnica de tres deportes: voleibol, Baloncesto e Fútbol.

"Baloncesto"
Esta actividade ten 4 apartados distintos sobre baloncesto: historia, regulamento, técnica e táctica. A actividade pretende dar uns contidos mínimos para que o alumno/a de 10 - 14 anos saiba xogar a baloncesto. A actividade dispón de numerosas imaxes recompiladas de distintos lugares que explican pormenorizadamente os obxectivos a conseguir. Á vez van acompañadas de exercicios que facilitan a aprendizaxe.

"Deportes"
Actividades relacionadas con distintas modalidades deportivas para alumnos/as de Educación Primaria e crebacabezas de escudos de diversos equipos españois de fútbol.
"Educación Física"
Actividades realizadas a partir dun caderno pequeno da editorial Edelvives, organizadas en cinco paquetes: Coñezo o meu corpo; Facemos deporte; Andar, correr, saltar...; Diante, detrás cerca...; Antes, durante e despois.
"Introducción ao mini-handbol"
Cinco paquetes de actividades para coñecer o regulamento do mini-balonmán: Os xogadores. A portería, o campo, a área e a pelota. O árbitro. Que está permitido e que non. O gol, o penalti e os servizos. Golpe franco, tempo morto e defensa mixta. Nas actividades explícanse primeiro os aspectos máis importantes do regulamento e a continuación exponse diversos exercicios para comprobar que se entenderon correctamente.

sábado, 3 de mayo de 2008

MÁIS SOBRE VOLEY

Aquí tendes un video didáctico para proxectar aos rapaces/as . Trata sobre os golpeos básicos no voley e os aspectos técnicos básicos para executalos.

domingo, 13 de abril de 2008

UN VIDEO INTRODUCIUNOS AO VOLEI SENTADO

No colexio os Muíños para o remate da unidade didáctica de voleibol e con vistas a ampliar a visión dos nosos alumnos con relación as persoas que poidan ter algún tipo de necesidade educativa especial, neste caso minusvalía motora que non lles permite manterse en pé para xogar ao voleibol. Para lograr este fin o primeiro que fixemos foi ver uns vídeos (que buscamos a través do youtube sobre voleibol sentado) e atopamos algunhas direccións que foron as que máis nos convenceron:
http://www.youtube.com/watch?v=P-n4NedwaXM
http://www.youtube.com/watch?v=AWEx7Rcnudw&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=ly6o2btCm88
Unha vez vistas as imaxes e comprendidas moitas das dificultades que poden atopar estas persoas con minisvalía motora,os nosos alumnos sentiron a necesidade de probar como era eso do "volei sentado" ....
A verdade ao principio costoulles un montón acostumbarse a estar sentados, sin apenas mover as pernas e poder sacar ou golpear o balón así, nesa posición....ufff demasiado difícil...pero a verdade valiu a pena,conseguírono e reflexionaron sobre a tremenda dificultade que era xogar ao volei sentados no chan...cando finalizou a sesión preguntaron si outro día poderiamos volver a repetir o xogo do volei sentado; foi unha experiencia enriquecedora por parte dos nenos e dos mestres.
Botade unha ollada ao noso blog muxián:
http://educacionfisicamuxian.blogspot.com/

domingo, 6 de abril de 2008

VIDEOS SOBRE TEMAS DE SAUDE


Poderían ser empregados de forma concreta como motivación para tratar temas como a necesidade de almorzar ben ou do aseo tras a realización de Educación Física. Irían dirixidos sobre todo ao alumnado de Educación Infantil ou 1º Ciclo de Primaria.
IMPORTANCIA DO ALMORZO

A HIXIENE TRAS O EXERCICIO

sábado, 22 de marzo de 2008

Máis actividades para traballar coa pizarra dixital


Para traballar os ósos e os músculos, especialmente no 2º ciclo, fixemos as seguintes actividades para traballar coa pizarra dixital: unha é para sinalar os ósos nun esqueleto mediante unha flecha e o outro para poñer correctamente o nome dos músculos . También poderemos traballar estos contidos con outras actividades que atopamos na rede coma os seguintes:

domingo, 9 de marzo de 2008

ACHEGAMOS A PIZARRA DIXITAL AOS PEQUENOS

A semana pasada no centro Os Muíños comezamos a traballar cos pequenos de infantil na pizarra dixital (máxica para eles) aproveitando este feito traballamos co mestre de pedagoxía terapéutica o recoñecemento do esquema corporal mediante o debuxo na mesma da silueta do corpo humano e as suas partes máis importantes (brazos,pernas,ollos...).
Dado o positivo desta experiencia repetiremos o traballo coa pizarra dixital nas seguintes sesións co fin de axudar na interiorización do esquema corporal dos pequenos. E así, tras traballar este aspecto na aula de novas tecnoloxías, faremos un traballo de control do corpo e recoñecemento das partes do mesmo traballadas nesta sesión no ximnasio para un mellor desenvolvemento de dito esquema corporal.

domingo, 2 de marzo de 2008

INFOGRAFÍAS PARA EDUCACIÓN FÍSICA

A wikipedia define infografía coma unha representación máis visual ca dos textos, na que interveñen descripcións, narracións ou interpretacións, presentadas de xeito gráfico. O termo tamén estase a popularizar para referirse a todas aquelas imaxes xeradas por ordenador. Máis específicamente adoita facer referencia á creación de imaxes que tratan de imitar o mundo tridimensional.
Tras realizar unha búsqueda de infografías útiles para a nosa área, aquí vos presento o resultado. Algunhas estarían máis enfocadas á ESO que a Primaria, pero considerei oportuno engadilas para poder recurrir a elas en caso oportuno. Se atopades algunha máis, engadídea a este post.

DEPORTES

Infografía sobre Atletismo
Infografía sobre Badminton
Infografía sobre Baloncesto
Infografía sobre Balonmano
Infografía sobre Voleibol
Infografía sobre Esgrima
Infografía sobre Judo
Infografía sobre Natación
Infografía sobre Tenis
Infografía sobre Senderismo
Infografía sobre Esquí Alpino
Infografía sobre lesións no Fútbol
Infografía sobre Saltos de Esquí
Infografía sobre Patinaxe Artístico
Infografía sobre Waterpolo



-----------------------------------------------------------------------------------------------------


SOBRE OS XX.OO.

Infografía sobre o "atleta biónico"
Infografía sobre a chama olímpica Pekín 2008
Infografía sobre as sedes en Pekín 2008
Infografía sobre o espiritu olímpico

O FUTURO XA ESTÁ AQUÍ

Neste vídeo podemos ver como o uso da tecnoloxía para captar o movemento avanza a pasos axigantados. Nun futuro, estes recursos que polo momento se utiliza nun reducido e concreto ámbito (especialmente na industria do cine e da animación), pouco a pouco vaise achegando ao campo dos videoxogos. Basta botar unha ollada ao avance nas consolas. O exemplo máis claro témolo na WII, coa que en lugar de xogar sentados movendo como moito os nosos dedos para mover o Jostick, agora podemos realizar un swing para achegarnos ao hoyo do green, ou tratamos de executar un bo drive ca nosa raqueta virtual.
Non creo que falte moito para que, en lugar de "desenfundar" simplemente un mando, dispoñamos dun traxe completo coma o do video e debamos precisar moito mais os nosos movementos co fin de obter obxectivos que ronden o alto rendemento.


sábado, 1 de marzo de 2008

UNIDADE DIDACTICA DE TENIS E T.I.C.S
Dado que o noso blog vai dirixido á relación entre a Educación física e as novas tecnoloxías imos explicar un exemplo dunha unidade didáctica de deportes dirixida ao tercer ciclo de primaria.A nosa unidade didáctica chámase :"Xogamos coma Nadal" e ten como obxectivo principal acercar aos rapaces a coñecer algúns deportes de raqueta como o tenis, bádminton e o tenis de mesa ou ping-pong.
A primeira sesión será na aula de informática dado que os alumnos en parellas deberán buscar información sobre o tenis (xa que decidimos comezar por este deporte): deporte,regras de xogo,número de xogadores,superficie de xogo,tanteo....logo comentarán as conclusións diante dos demáis e así iremos comentando curiosidades variadas sobre este deporte de raqueta.(Aspectos que podemos aproveitar para introducir no noso blog de Educación física do centro.Serviranos tamén dito blog como autoevaluación persoal xa que os nenos irán introducindo comentarios sobre como se desarrollan as sesións, as súas preferencias sobre as actividades feitas, aspectos a mellorar,etc).
Tras esto veremos un vídeo de tenis cos xestos básicos do mesmo:saque, golpeo de dereita, de revés,globo, etc.. e completaremos a sesión cun vídeo de tenis en silla de rodas co fin de que os alumnos comproben que as persoas con discapacidade física poden xogar ao tenis coma eles, utilizando neste caso a sua silla de rodas como elemento de apoio e facilitarlles os desprazamentos pola pista.
Nas sesións prácticas de tenis aprenderán mediante xogos e actividades algo máis dirixidas o agarre da raqueta,os xestos básicos do tenis,os desprazamentos pola pista, etc e nalgunha sesión introduciremos sillas na pista có fin de que os alumnos intenten xogar ao tenis o máximo tempo posible sentado nunha silla, co fin de que se sensibilicen cos discapacitados físicos que xogan desta forma.
Durante algunha das sesión prácticas grabaremos aos nenos facendo as clases e tras finalizar as mesmas porémoslles os vídeos ou fotografías tomadas có fin de que lles sirva de feedback para ver os fallos cometidos e poder correxilos nas seguintes sesións.
Este mesmo proceso seguirase cos outros deportes de raqueta :tenis de mesa e bádminton.
Esta unidade didáctica destinada ao terceiro ciclo traballaría dentro do bloque de contidos 5:
XOGOS E DEPORTES (3º CICLO) os seguintes aspectos:
5.1. Recoñecemento do xogo e do deporte como fenómenos sociais e culturais: tipos de xogos e de actividades deportivas.
5.2. Aceptación e respecto cara ás normas, cara aos regulamentos, cara ás estratexias e cara ás persoas que participan no xogo, así como cara ao papel que corresponda desempeñar.
5.3. Realizacón de xogos e de actividades deportivas de diversas modalidades e de dificultade crecente.
5.5. Utilización axeitada e valoración das estratexias básicas do xogo: cooperación, oposición e cooperación/oposición.
5.6. Valoración do esforzo persoal e do colectivo nos diferentes tipos de xogos e actividades deportivas á marxe de preferencias e de prexuízos.
5.7. Aprecio do xogo e do deporte como medio de desfrute, de relación, de saúde e de ocupación do tempo de lecer.

sábado, 9 de febrero de 2008

Implicación dos alumnos nas TICS

Hai moita motivación dos alumnos do ceip Os Muíños cada vez que acudimos nalgunha sesión de educación física á aula de informática no nosos centro.
Para comezar fixemos unha breve visita para que coñeceran o que era un blog, e animalos a que se implicaran un pouco máis neste mundillo, creamos o blog de educación física como un espacio a compartir por eles como implicados nas nosas sesións e por nós como implicados no proceso de ensinanza-aprendizaxe para usar dito blog como feedback dalgúns aspectos traballados nas sesións para poder mellorar na nosa práctica.
E por outro lado ás veces acudimos á aula de informática a través do acceso a internet para coñecer outros aspectos referentes á práctica deportiva, como foi no caso do voleibol, xa que acudimos para coñecer o regramento de minivoleibol e os xestos técnicos máis importantes do mesmo;ademais aproveitamos a ocasión para o visionado dun vídeo cós aspectos fundamentais do mesmo.
E unha forma de implicar aos nenos no uso das TICS como medio de búsqueda de calquer información en calquera momento; e polo de agora resúltalles positivo.

martes, 5 de febrero de 2008

LIBROS DE E.F. ON LINE

Ata agora estivemos traballando cunha orientación de aplicación das TICs de cara ao alumnado. Este post sen embargo diríxese ao mestre: ás TICs ao servizo do mestre. Aquí tendes unha colección de libros sobre a nosa materia que podedes consultar a través de internet. Unha pequena mostra de que as TICs non só supoñen unha metodoloxía máis na ensinanza da Educación Física, senon unha valiosa fonte de recursos para o profesorado.


domingo, 3 de febrero de 2008

XA TEMOS WIKI!!

Si! Por fin temos un espazo para traballar de forma colaborativa. Colguei todo o que fixemos en canto as propostas tics para cada un dos contidos de E.F. Agora é cuestión de ir engadindo máis e máis actividades segundo vaiamos atopando ideas.
Está pendente enviarvos a invitación para que poidades editar as entradas como membros activos, mentres tanto, botádelle un ollo e me comentades neste post.
Para acceder ao wiki pulsade na imaxe ou AQUÍ.

sábado, 2 de febrero de 2008

ARTICULACIÓNS E POSTURAS


Aquí vos deixo unha nova proposta dirixida máis ben ao 1º ciclo de Primaria. Trátase dun arquivo flash no que se presenta un boneco articulado que podemos mover de forma similar a un de verdade. Un alumno/a crea unha determinada postura xogando para iso cas diferentes articulacións do boneco. Mentres, os seus compañeiros/as tratarán de representar a mesma postura creada polo compañeiro/a, o cal debe valorar o grao de similitude ca súa creación.
Por outra banda, podemos tratar de que o alumnado distinga entre posturas que supoñan unha situación de equilibrio ou de desequilibrio.
.
Esta actividade estaría relacionada co bloque O corpo: Imaxe e percepción. En concreto estaríamos traballando os seguintes contidos:
........- Experimentación de posturas corporais diferentes.
........- Experimentación de situacións de equilibrio e de desequilibrio.
........- Comprensión do concepto de "articulación" e identificación das principais articulacións do corpo.

Tamén en canto o bloque de Habilidades Motrices penso que poderiamos relacionar esta actividade, ainda que de forma indirecta, co contido:
........- Interese por coñecer as propias posibilidades de movemento e de acción.

miércoles, 23 de enero de 2008

IMPLICACIÓN NAS TICS
Como compañeira de traballo do grupo MAESE teño que decir que ao principio non me seducía moito a idea de traballar coas novas tecnoloxías, máis que nada porque non atopaba moita vinculación destas tics á educación física....por sorte, estaba equivocada.O que tiña máis ben era bastante descoñecemento sobre o tema, así que cando me puxen as pilas e empezamos a traballar sobre o tipo de recursos cos que podiamos traballar de forma global dinme conta das posibilidades que existen e que cada vez hai moitos máis recursos cos que podemos traballar; ainda que tamén nos queda bastante por formarnos en canto a estos temas.
E ainda quedei máis sorprendida coa implicación dos alumnos do meu centro co blog que creamos no departamento de educación física co fin de coñecer máis novas posibilidades e ideas suxeridas polos alumnos e o seu pensamento sobre a educación física , sobre as nosas clases,etc.
En fin podo decir que estou contenta do tema elexido e de como vamos desenrolando os temas propostos.
Como exemplo do traballo que comenzamos a facer no noso centro fixemos unha unidade didáctica sobre acrosport e para que os alumnos tiveran unha idea previa fixemos un power point con fotos sobre o mesmo que fixo que se volcaran de pleno na práctica destas clases de acrosport.A nosa dirección do blog que temos no Ceip Os Muíños de Muxía é: http://educacionfisicamuxian.blogspot.com/
Moitos aspectos que vemos no blog sérvenos aos distintos grupos de feed-back sobre cousas que fallan ou que se poden mellorar nas nosas clases, tanto por parte dos alumnos (xa que as veces cando se ven nas imaxes dase conta dos fallos)como por parte dos profes (aspectos que podemos mellorar para a próxima vez).
En fin estamos en continuo proceso de renovación.

domingo, 13 de enero de 2008

XOGOS CON WEBCAM

Mirade que invento para PC! Estes xogos utilizan a imaxe que a webcam captura para, a través do noso movemento, acadar o obxectivo do xogo. Aquí vos vai un exemplo: http://www.playdojam.com/. Este en concreto se trata de xogar ao Baloncesto. A través dos movementos que fagamos debemos conducir o balón ata a canasta correspondente. Podese xogar tamén con outro compañeiro!


A crítica que lle fago é que o sensor de movemento resulta un pouco tosco, polo que a transferencia en canto á técnica do xogo sería nula. Sen embargo, pódese utilizar dentro da fase de motivación nunha U.D. de Baloncesto e, de cara á presentación do deporte aos máis pequenos, para explicar os materiais necesarios e as normas básicas.
Outra posibilidade de aplicación sería a súa utilización neses recreos chuviosos nos que os rapaces, ávidos de actividad motriz, buscan unha alternativa ao parchis ou ás damas.

jueves, 3 de enero de 2008

PRIMEIRA FASE DO PROCESO:

Recompilación de informacións sobre o tema. Análise dos contidos do Curriculo de Ed.Física que poden ser traballados a través de TICs.

TEMPORALIZACIÓN: Novembro e Decembro.

MATERIAL ANALIZADO: Decreto 130/2007 do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

CONCLUSIÓNS: Tralo traballo de revisión dos contidos do novo currículo, extraemos as seguintes porpostas de incorporación das TICs para cada un deses contidos:

En espera a actualizar estes arquivos, aquí temos as táboas creadas para á recollida do traballo realizado:

Actividades para 1º Ciclo

Actividades para 2º Ciclo
Actividades para 3º Ciclo

PROGRAMA DE CONTIDOS E ACTIVIDADES

Intercambio de información sobre a forma de utilización de cada unha de nós das NNTT e cómo as aplicamos para o traballo na nosa área.
Revisión dos contidos sinalados no recente Decreto 130/2007 para a área e Educación física, co fin de extraer aqueles máis propicios a traballalos a través do uso das TICs.
Reflexión sobre o modo de emprego dos programas ou as NN.TT. que se poden utilizar para transmitir os contidos seleccionados, seleccionando aqueles que mellor se axusten:
.......o Word
.......o Powerpoint
.......o Blogs
.......o Clic
.......o Cámara dixital
.......o Programas de tratamento de imaxes.
.......o Internet
.......o Etc.
Recopilación conxunta de actividades concretas de aplicación das TICs en Educación Física.
Reparto de traballo segundo os ciclos aos que irán dirixidos os materiais.
Posta en común das ideas, necesidades ou dificultades e resolución conxunta dos problemas atopados.
Análise e avaliación dos proxectos postos en práctica.

OBXECTIVOS E REPERCUSIÓN NA DOCENCIA

1.- Potenciar o intercambio de información sobre as posibilidades de emprego didáctico das TICs na área de Educación Física.
2.- Elaborar individual e/ou conxuntamente materiais didácticos apoiados nas TICs sobre contidos propios de Educación Física.
3.- Potenciar e maximizar o uso dos ordenadores, pizarras dixitais, e outra tecnoloxía nas nosas clases como parte da nosa metodoloxía.
4.- Aplicar na nosa práctica os materiais didácticos elaborados.
5.- Avaliación da aplicabilidade dos materiais elaborados para o traballo de contidos concretos de Educación Física.
6.- Mellorar a formación dos integrantes do seminario respecto ao uso das TICs na nosa área.
7.- Publicar parte ou todos os materiais elaborados neste seminario.

XUSTIFICACIÓN DO SEMINARIO PERMANENTE

Vivimos nunha sociedade na que as novas tecnoloxías se impoñen en múltiples ámbitos das nosas vidas. A escola, como institución integrada da sociedade, non pode permanecer ao marxe das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). Os mestres/as de calquera área poden e precisan aproveitarse dos recursos informáticos actuais para a súa utilización como material educativo; non só para facilitar o seu traballo diario, senón, sobre todo, como recurso didáctico a empregar co seu alumnado.
Na actualidade as nosas escolas contan con numeroso material informático así como software educativo variado que, en ocasións, debido á falta de formación en ditos medios, non son aproveitados nin sacado deles o máximo partido.


Este é o noso punto de partida: tres mestras que nos atopamos nos nosos centros cun material, algún xa coñecido e máis ou menos dominado (ordenadores, cámaras dixitais,…), pero con outro totalmente novedoso (pizarras dixitais, gps,…), con moitas ganas de buscar oportunidades para utilizalos como parte da nosa metodoloxía.
As tres temos unha experiencia previa respecto a presentacións en Powerpoint, utilización do Word como medio de creación de material, uso da cámara dixital,… Pero sentimos a necesidade de enfocar máis a utilización de estas novas tecnoloxías na nosa área, Educación Física, así como de establecer unha canle de comunicación e de intercambio de información sobre cómo concebimos cada unha de nós o modo de incorporar as TICs nunha área de carácter motriz.

Tras realizar unha autoanálise do que cada un fai respecto a esto, sacamos as seguinte conclusión: temos moitas ideas e proxectos que, ben por falta de tempo ou por sentirnos soas ante o traballo de creación de material, non levamos a práctica.

Por ese motivo, o obxecto deste seminario é o de realizar en pequeno grupo, un traballo que poderíamos dividir nas seguintes fases:
Fase 1: Xeración de ideas sobre qué aspectos da Educación Física podemos traballar a través das TICs.
Fase 2: Elección da forma, soporte e software máis axeitado para traballar dito contido (pizarra dixital, powerpoint, video, internet,…).
Fase 3: Elaboración do material e creación de actividades concretas de aplicación das TICs na área de Educación Física.
Fase 4: Experimentación nas nosas respectivas clases da maior parte das actividades e/ou material elaborado.
Fase 5: Intercambio de información e avaliación conxunta sobre os resultados da aplicación do material.

Ademáis das sinaladas anteriormente, podemos sinalar outras premisas que xustifican a necesidade e importancia deste seminario permanente para a práctica pedagóxica do grupo de participantes:
1.- A lexislación máis actual, LOE (Ley Orgánica 2/2006 de 3 de Mayo de Educación) destaca a importancia da introdución das TIC na aula dende infantil (Título 1, Capítulo 1, Artigo 14), e no recente Decreto 130/2007 que regula o currículo de Educación Primaria contémplase como obxectivo xeral o de iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que recibe e elabora (Obxectivo i).
2.- O nacemento dun novo Plan de Centro como é o Plan de Introdución das TIC, e no que debe participar todo o profesorado, coa convinte reseña das accións que cada área realizará respecto á consecución dos obxectivos de dito plan.
3.- A necesidade de renovar as metodoloxías de ensinanza para poder atender á diversidade das necesidades educativas dos alumnos/as, e a necesidade de atopar novas estratexias para achegar o coñecemento dende unha perspectiva lúdica e interactiva.