miércoles, 23 de enero de 2008

IMPLICACIÓN NAS TICS
Como compañeira de traballo do grupo MAESE teño que decir que ao principio non me seducía moito a idea de traballar coas novas tecnoloxías, máis que nada porque non atopaba moita vinculación destas tics á educación física....por sorte, estaba equivocada.O que tiña máis ben era bastante descoñecemento sobre o tema, así que cando me puxen as pilas e empezamos a traballar sobre o tipo de recursos cos que podiamos traballar de forma global dinme conta das posibilidades que existen e que cada vez hai moitos máis recursos cos que podemos traballar; ainda que tamén nos queda bastante por formarnos en canto a estos temas.
E ainda quedei máis sorprendida coa implicación dos alumnos do meu centro co blog que creamos no departamento de educación física co fin de coñecer máis novas posibilidades e ideas suxeridas polos alumnos e o seu pensamento sobre a educación física , sobre as nosas clases,etc.
En fin podo decir que estou contenta do tema elexido e de como vamos desenrolando os temas propostos.
Como exemplo do traballo que comenzamos a facer no noso centro fixemos unha unidade didáctica sobre acrosport e para que os alumnos tiveran unha idea previa fixemos un power point con fotos sobre o mesmo que fixo que se volcaran de pleno na práctica destas clases de acrosport.A nosa dirección do blog que temos no Ceip Os Muíños de Muxía é: http://educacionfisicamuxian.blogspot.com/
Moitos aspectos que vemos no blog sérvenos aos distintos grupos de feed-back sobre cousas que fallan ou que se poden mellorar nas nosas clases, tanto por parte dos alumnos (xa que as veces cando se ven nas imaxes dase conta dos fallos)como por parte dos profes (aspectos que podemos mellorar para a próxima vez).
En fin estamos en continuo proceso de renovación.

domingo, 13 de enero de 2008

XOGOS CON WEBCAM

Mirade que invento para PC! Estes xogos utilizan a imaxe que a webcam captura para, a través do noso movemento, acadar o obxectivo do xogo. Aquí vos vai un exemplo: http://www.playdojam.com/. Este en concreto se trata de xogar ao Baloncesto. A través dos movementos que fagamos debemos conducir o balón ata a canasta correspondente. Podese xogar tamén con outro compañeiro!


A crítica que lle fago é que o sensor de movemento resulta un pouco tosco, polo que a transferencia en canto á técnica do xogo sería nula. Sen embargo, pódese utilizar dentro da fase de motivación nunha U.D. de Baloncesto e, de cara á presentación do deporte aos máis pequenos, para explicar os materiais necesarios e as normas básicas.
Outra posibilidade de aplicación sería a súa utilización neses recreos chuviosos nos que os rapaces, ávidos de actividad motriz, buscan unha alternativa ao parchis ou ás damas.

jueves, 3 de enero de 2008

PRIMEIRA FASE DO PROCESO:

Recompilación de informacións sobre o tema. Análise dos contidos do Curriculo de Ed.Física que poden ser traballados a través de TICs.

TEMPORALIZACIÓN: Novembro e Decembro.

MATERIAL ANALIZADO: Decreto 130/2007 do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

CONCLUSIÓNS: Tralo traballo de revisión dos contidos do novo currículo, extraemos as seguintes porpostas de incorporación das TICs para cada un deses contidos:

En espera a actualizar estes arquivos, aquí temos as táboas creadas para á recollida do traballo realizado:

Actividades para 1º Ciclo

Actividades para 2º Ciclo
Actividades para 3º Ciclo

PROGRAMA DE CONTIDOS E ACTIVIDADES

Intercambio de información sobre a forma de utilización de cada unha de nós das NNTT e cómo as aplicamos para o traballo na nosa área.
Revisión dos contidos sinalados no recente Decreto 130/2007 para a área e Educación física, co fin de extraer aqueles máis propicios a traballalos a través do uso das TICs.
Reflexión sobre o modo de emprego dos programas ou as NN.TT. que se poden utilizar para transmitir os contidos seleccionados, seleccionando aqueles que mellor se axusten:
.......o Word
.......o Powerpoint
.......o Blogs
.......o Clic
.......o Cámara dixital
.......o Programas de tratamento de imaxes.
.......o Internet
.......o Etc.
Recopilación conxunta de actividades concretas de aplicación das TICs en Educación Física.
Reparto de traballo segundo os ciclos aos que irán dirixidos os materiais.
Posta en común das ideas, necesidades ou dificultades e resolución conxunta dos problemas atopados.
Análise e avaliación dos proxectos postos en práctica.

OBXECTIVOS E REPERCUSIÓN NA DOCENCIA

1.- Potenciar o intercambio de información sobre as posibilidades de emprego didáctico das TICs na área de Educación Física.
2.- Elaborar individual e/ou conxuntamente materiais didácticos apoiados nas TICs sobre contidos propios de Educación Física.
3.- Potenciar e maximizar o uso dos ordenadores, pizarras dixitais, e outra tecnoloxía nas nosas clases como parte da nosa metodoloxía.
4.- Aplicar na nosa práctica os materiais didácticos elaborados.
5.- Avaliación da aplicabilidade dos materiais elaborados para o traballo de contidos concretos de Educación Física.
6.- Mellorar a formación dos integrantes do seminario respecto ao uso das TICs na nosa área.
7.- Publicar parte ou todos os materiais elaborados neste seminario.

XUSTIFICACIÓN DO SEMINARIO PERMANENTE

Vivimos nunha sociedade na que as novas tecnoloxías se impoñen en múltiples ámbitos das nosas vidas. A escola, como institución integrada da sociedade, non pode permanecer ao marxe das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). Os mestres/as de calquera área poden e precisan aproveitarse dos recursos informáticos actuais para a súa utilización como material educativo; non só para facilitar o seu traballo diario, senón, sobre todo, como recurso didáctico a empregar co seu alumnado.
Na actualidade as nosas escolas contan con numeroso material informático así como software educativo variado que, en ocasións, debido á falta de formación en ditos medios, non son aproveitados nin sacado deles o máximo partido.


Este é o noso punto de partida: tres mestras que nos atopamos nos nosos centros cun material, algún xa coñecido e máis ou menos dominado (ordenadores, cámaras dixitais,…), pero con outro totalmente novedoso (pizarras dixitais, gps,…), con moitas ganas de buscar oportunidades para utilizalos como parte da nosa metodoloxía.
As tres temos unha experiencia previa respecto a presentacións en Powerpoint, utilización do Word como medio de creación de material, uso da cámara dixital,… Pero sentimos a necesidade de enfocar máis a utilización de estas novas tecnoloxías na nosa área, Educación Física, así como de establecer unha canle de comunicación e de intercambio de información sobre cómo concebimos cada unha de nós o modo de incorporar as TICs nunha área de carácter motriz.

Tras realizar unha autoanálise do que cada un fai respecto a esto, sacamos as seguinte conclusión: temos moitas ideas e proxectos que, ben por falta de tempo ou por sentirnos soas ante o traballo de creación de material, non levamos a práctica.

Por ese motivo, o obxecto deste seminario é o de realizar en pequeno grupo, un traballo que poderíamos dividir nas seguintes fases:
Fase 1: Xeración de ideas sobre qué aspectos da Educación Física podemos traballar a través das TICs.
Fase 2: Elección da forma, soporte e software máis axeitado para traballar dito contido (pizarra dixital, powerpoint, video, internet,…).
Fase 3: Elaboración do material e creación de actividades concretas de aplicación das TICs na área de Educación Física.
Fase 4: Experimentación nas nosas respectivas clases da maior parte das actividades e/ou material elaborado.
Fase 5: Intercambio de información e avaliación conxunta sobre os resultados da aplicación do material.

Ademáis das sinaladas anteriormente, podemos sinalar outras premisas que xustifican a necesidade e importancia deste seminario permanente para a práctica pedagóxica do grupo de participantes:
1.- A lexislación máis actual, LOE (Ley Orgánica 2/2006 de 3 de Mayo de Educación) destaca a importancia da introdución das TIC na aula dende infantil (Título 1, Capítulo 1, Artigo 14), e no recente Decreto 130/2007 que regula o currículo de Educación Primaria contémplase como obxectivo xeral o de iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que recibe e elabora (Obxectivo i).
2.- O nacemento dun novo Plan de Centro como é o Plan de Introdución das TIC, e no que debe participar todo o profesorado, coa convinte reseña das accións que cada área realizará respecto á consecución dos obxectivos de dito plan.
3.- A necesidade de renovar as metodoloxías de ensinanza para poder atender á diversidade das necesidades educativas dos alumnos/as, e a necesidade de atopar novas estratexias para achegar o coñecemento dende unha perspectiva lúdica e interactiva.