sábado, 9 de febrero de 2008

Implicación dos alumnos nas TICS

Hai moita motivación dos alumnos do ceip Os Muíños cada vez que acudimos nalgunha sesión de educación física á aula de informática no nosos centro.
Para comezar fixemos unha breve visita para que coñeceran o que era un blog, e animalos a que se implicaran un pouco máis neste mundillo, creamos o blog de educación física como un espacio a compartir por eles como implicados nas nosas sesións e por nós como implicados no proceso de ensinanza-aprendizaxe para usar dito blog como feedback dalgúns aspectos traballados nas sesións para poder mellorar na nosa práctica.
E por outro lado ás veces acudimos á aula de informática a través do acceso a internet para coñecer outros aspectos referentes á práctica deportiva, como foi no caso do voleibol, xa que acudimos para coñecer o regramento de minivoleibol e os xestos técnicos máis importantes do mesmo;ademais aproveitamos a ocasión para o visionado dun vídeo cós aspectos fundamentais do mesmo.
E unha forma de implicar aos nenos no uso das TICS como medio de búsqueda de calquer información en calquera momento; e polo de agora resúltalles positivo.

martes, 5 de febrero de 2008

LIBROS DE E.F. ON LINE

Ata agora estivemos traballando cunha orientación de aplicación das TICs de cara ao alumnado. Este post sen embargo diríxese ao mestre: ás TICs ao servizo do mestre. Aquí tendes unha colección de libros sobre a nosa materia que podedes consultar a través de internet. Unha pequena mostra de que as TICs non só supoñen unha metodoloxía máis na ensinanza da Educación Física, senon unha valiosa fonte de recursos para o profesorado.


domingo, 3 de febrero de 2008

XA TEMOS WIKI!!

Si! Por fin temos un espazo para traballar de forma colaborativa. Colguei todo o que fixemos en canto as propostas tics para cada un dos contidos de E.F. Agora é cuestión de ir engadindo máis e máis actividades segundo vaiamos atopando ideas.
Está pendente enviarvos a invitación para que poidades editar as entradas como membros activos, mentres tanto, botádelle un ollo e me comentades neste post.
Para acceder ao wiki pulsade na imaxe ou AQUÍ.

sábado, 2 de febrero de 2008

ARTICULACIÓNS E POSTURAS


Aquí vos deixo unha nova proposta dirixida máis ben ao 1º ciclo de Primaria. Trátase dun arquivo flash no que se presenta un boneco articulado que podemos mover de forma similar a un de verdade. Un alumno/a crea unha determinada postura xogando para iso cas diferentes articulacións do boneco. Mentres, os seus compañeiros/as tratarán de representar a mesma postura creada polo compañeiro/a, o cal debe valorar o grao de similitude ca súa creación.
Por outra banda, podemos tratar de que o alumnado distinga entre posturas que supoñan unha situación de equilibrio ou de desequilibrio.
.
Esta actividade estaría relacionada co bloque O corpo: Imaxe e percepción. En concreto estaríamos traballando os seguintes contidos:
........- Experimentación de posturas corporais diferentes.
........- Experimentación de situacións de equilibrio e de desequilibrio.
........- Comprensión do concepto de "articulación" e identificación das principais articulacións do corpo.

Tamén en canto o bloque de Habilidades Motrices penso que poderiamos relacionar esta actividade, ainda que de forma indirecta, co contido:
........- Interese por coñecer as propias posibilidades de movemento e de acción.