domingo, 25 de mayo de 2008

MICROCURSOS PARA O MESTRE DE E.F.

Na web de Inde ofrécese un tipo de formación a través dos chamados microcursos que calquera persoa pode descargar de forma gratuita. Estes cursos van dirixidos aos profesionais da Educación Física e o Deporte. O quencemento, a Expresión Corporal, a xestión da clase de Educación Física,... son algunhas das temáticas que se poden baixar

Segue este enlace http://www.inde.es/inde_1.html ou preme na fotografía para acceder a eles.


sábado, 24 de mayo de 2008

UN FLASH DE TENIS

Similar ao de baloncesto, temos aquí outro recurso das mesmas características adicado ao tenis. O xogo consiste en premer na pelota para mantela no aire, polo que resulta tamén moi axeitado para o traballo na PDI. Fai clic na imaxe para acceder ao xogo.

lunes, 19 de mayo de 2008

UN FLASH DE BALONCESTO

Como xa quedou patente nun artigo posterior adicado a un xogo con webcam relacionado co baloncesto, estamos de acordo que este tipo de aplicacións, aínda que en ningún modo poden sustituir á práctica real do deporte, si poden supoñer un interesante recurso de motivación inicial nunha determinada unidade didáctica.


Pois ben, aquí temos outro exemplo algo menos conectado coa realidade motriz que no caso do http://www.playdojam.com/, pero que proxectado e vivenciado ca PDI pode ter uns resultados bastante satisfactorios en canto a motivación e como introducción ao baloncesto.


Trátase dunha aplicación Flash colgada en internet, polo que para usala debemos ter conexión.

domingo, 11 de mayo de 2008

ACTIVIDADES JCLIC PARA EDUCACIÓN FÍSICA

Tralo traballo de recopilación de actividades JClic existentes para a área de Educación Física, presentamos de seguido o listado de material recabado e os enlaces a ditos recursos:

"Conoce tu cuerpo y mejora tu salud con la Educación Física"
Proxecto con 25 actividades que se propó como unha ferramenta para relacionar as TICs coa educación física. Anatomía do corpo humano, funcionamento dos sistemas cardio-respiratorios, comportamentos en clases prácticas de educación física e actitudes para coidar a saúde utilizando a actividade física.

"Iniciación a Pelota Vasca"
Actividades para iniciar ao alumnado de terceiro ciclo de educación primaria no coñecemento do deporte da pelota man. Nas actividades explícase primeiro os aspectos máis importantes do deporte e a continuación plantéxanse diversos exercicios para comprobar que se entenderon correctamente.

"Probas combinadas de Atletismo: Decatlón"
Proxecto JClic sobre as probas do decatlón e algunhas das súas características. O proxecto consta de 3 partes: Coñece próbalas; Actividades e Queres competir?

"Minibasket"
Paquete de actividades sobre o minibasket para terceiro ciclo de primaria. O proxecto está dividido en dúas partes: Normas e Táctica.

"Actitudes, valores e non-violencia na educación física e o deporte"
Actividades que perseguen unha serie de obxectivos, todos eles xiran entorno ás actitudes e os valores que se deben ter presente en calquera deporte. Algúns destes obxectivos son os seguintes: Aprender a saber gañar e perder; Respectar aos compañeiros e compañeiras; Destacar e potenciar as condutas de xogo limpo; Valorar a competición como forma de divertirse; etc...

"Aprendizaxe interactiva na Educación Física"
Trabállanse conceptos relacionados co regulamento e a técnica de tres deportes: voleibol, Baloncesto e Fútbol.

"Baloncesto"
Esta actividade ten 4 apartados distintos sobre baloncesto: historia, regulamento, técnica e táctica. A actividade pretende dar uns contidos mínimos para que o alumno/a de 10 - 14 anos saiba xogar a baloncesto. A actividade dispón de numerosas imaxes recompiladas de distintos lugares que explican pormenorizadamente os obxectivos a conseguir. Á vez van acompañadas de exercicios que facilitan a aprendizaxe.

"Deportes"
Actividades relacionadas con distintas modalidades deportivas para alumnos/as de Educación Primaria e crebacabezas de escudos de diversos equipos españois de fútbol.
"Educación Física"
Actividades realizadas a partir dun caderno pequeno da editorial Edelvives, organizadas en cinco paquetes: Coñezo o meu corpo; Facemos deporte; Andar, correr, saltar...; Diante, detrás cerca...; Antes, durante e despois.
"Introducción ao mini-handbol"
Cinco paquetes de actividades para coñecer o regulamento do mini-balonmán: Os xogadores. A portería, o campo, a área e a pelota. O árbitro. Que está permitido e que non. O gol, o penalti e os servizos. Golpe franco, tempo morto e defensa mixta. Nas actividades explícanse primeiro os aspectos máis importantes do regulamento e a continuación exponse diversos exercicios para comprobar que se entenderon correctamente.

sábado, 3 de mayo de 2008

MÁIS SOBRE VOLEY

Aquí tendes un video didáctico para proxectar aos rapaces/as . Trata sobre os golpeos básicos no voley e os aspectos técnicos básicos para executalos.